Yolanda Castaño - Economía e poesía

 


Case todos os que practicamos algunha labor literaria temos claro que non compensa. É dicir, facémolo porque nos gusta e tamén porque o precisamos, pero non é unha actividade económicamente recomendable. “A arte de verdade non se fai pensando nos cartos”, dirá algún. E esa idea tan absurda é a que a autora desmonta neste ensaio de xeito lúcido, claro e vehemente.

Penso que esta obra é necesaria e que todo autor de calquera condición debería gravarse moitos dos seus preceptos na cabeza. Pero non só os autores, senón que tamén (e mesmo con maior necesidade) as institución que rodean á literatura. Nalgún momento o mundo, que cada día permite menos marxe de erro monetario, terá que elixir entre coidar a literatura ou renunciar a ela. Porque os escritores, os grandes e os pequenos, teñen o defecto de ter que comer. E unha labor literaria precisa de algo mais que unas cantas horas ó mes, cando ó resto de obrigas o permiten, para poder facer algo decente.

A labor literaria non está nin sequera comprendida pola xente que non se dedica a ela, e neste ensaio contribúese a cambiar iso. Hai quen pensa que a escritura é un don divino, e nótase en cada conversa. Cantas veces escoitamos a alguén dicir que lle encantaría escribir pero nunca se animou "porque non se me da ben"? Eu sempre penso o mesmo, que eu tampouco sabía facelo e que os meus primeiros escritos so servían para tirar ó lixo. Melloreino investindo moito tempo en practicar, corrixir e atopar xeitos de expresión que me xerasen interese. Non é cousa de xenética.

O arte precisa de tempo porque é unha labor de ensaio e erro, precísanse anos de traballo para saber facer algo medio decente. Quen pode permitirse a calma de ensaiar e errar dedicando o tempo de refugallo que permite un traballo de 40 horas (e iso tendo a sorte de contar cun traballo)? Ninguén. Se nada cambia, a expresión artística seguirá sendo un privilexio de clase. E pode que a humanidade poda sobrevivir sen arte contemporánea, pero tamén é certo que vivir e sobrevivir non é o mesmo. Se queremos arte de calidade, quen a crea debería poder optar á calma. Se non é posible, o arte será das elites e non dependerá do talento, senón da carteira.

 

VALORACIÓN:

Rubén Pedreira

No hay comentarios:

Publicar un comentario