Bluesky
Rubén Pedreira | Autor de Zona de habitabilidad

Escritura · Ciencia · Curiosidades

  • Home
  • Novelas
  • Bio
  • Zona de prensa
  • Contacto
  • Secciones
    • Consejos para escritores
 

Estar durmindo tranquilamente e ser espertado por unha man negra coma o baleiro colléndote das pernas e intentando tirar de ti cara un abismo escuro no medio do chan ardente da túa habitación non é unha experiencia de bo gusto para ninguén. Ademais de que esas non son maneiras educadas de privar do sono á xente, calquera ó que lle pase tal suceso posiblemente quedará preocupado un bo anaco pensando en que puido tomar o día anterior a altas horas para ver tal cousa.

Ó protagonista do libro, non obstante, nin se lle pasa pola cabeza a posibilidade de que as sustancias de dubidosa legalidade tivesen algún papel no sucedido. Tipo saudable como poucos, ten moi claro que aquilo foi unha experiencia sensorial real e o ente está de verdade a axexalo con malas intencións. A sombra é o signo dun escuro mal que o persegue dende hai tempo, dende a infancia mesma.

Ese suceso leva ó narrador a tecer unha agradable historia chea de realismo máxico, de mitoloxía galega, de aldea e de tradicións familiares, na que a vida tranquila pero tamén mística e profunda das poboacións rurais amósase como a última resistencia da esencia humana. Contra a ansiedade da cidade, a calma e a vida comunitaria das aldeas. Contra a inmediatez do mundo contemporáneo, os remedios tradicionais da sabedoría popular.

Para liberarse da maligna presenza que o atormenta, o protagonista acode a casa familiar para reconectar cos seus devanceiros e atopar as armas naturais das que a súa familia bota man dende hai moitas xeracións para enfrontarse a todo tipo de males e embruxos. Mentres constrúe o amuleto de herbas, plumas e naturezas mortas varias que sabe que lle axudará a escorrentar a maldade que o atormenta, aproveita para ir contando a estreita relación da súa familia coa sabedoría tradicional e mística, a condición de bruxos dalgúns dos seus antepasados ou mesmo as súas propias experiencias pasadas con ese mundo que hai mais alá do que os nosos ollos ven.

Unha novela curta, intensa e emotiva, das que se desfrutan lendo nunha cálida tarde de verán á sombra do carballo mentres o ar abanea as follas e deixa caer algunha landra con présa por abandonar a árbore antes do seu debido tempo.

0
Share
Entradas más recientes Entradas antiguas Inicio

Zona de habitabilidad, ya a la venta

Zona de habitabilidad, ya a la venta
Haz click en la imagen para conocer una comedia atípica que te llevará por los caminos de la crisis existencial con una sonrisa en la boca

Suscríbete a mi newsletter y no te pierdas nada

Suscríbete a mi newsletter y no te pierdas nada

Entradas populares

  • Lugares: Templo de Kailasa, el templo hindú que se talló en una sola roca (India)
    El Templo Kailasa es uno de los templos más impresionantes de la arquitectura rupestre india. Se trata de una enorme estructura tallada en u...
  • ¿Qué significa el título de la novela ‘El cartero siempre llama dos veces’?
    Fotograma de la película El cartero siempre llama dos veces (1981), basada en la novela El cartero siempre llama dos veces es una novela de...
  • Una lista de palabras y expresiones gallegas que escucharás en Galicia incluso hablando castellano
    Esta entrada nace con la intención de recopilar palabras singulares. Palabras y expresiones gallegas que alguien de Galicia no dudará en usa...

Secciones

  • Anecdotario de la ciencia
  • Anécdotas literarias
  • Consejos para escritores
  • Diccionario Simple de Astrofísica
  • Hilando ciencia
  • Lugares
  • Miscelánea
  • Pedazos de historia
  • Reflexiones
  • Reseñas literarias
  • Rubén Pedreira
  • Sorpresas del Universo
  • Una dosis diaria de arte

Busca reseñas por calificación:

Busca reseñas por calificación:








Archivo

  • ►  2025 ( 121 )
    • ►  mayo 2025 ( 19 )
    • ►  abril 2025 ( 25 )
    • ►  marzo 2025 ( 20 )
    • ►  febrero 2025 ( 16 )
    • ►  enero 2025 ( 41 )
  • ▼  2024 ( 19 )
    • ►  diciembre 2024 ( 3 )
    • ►  septiembre 2024 ( 1 )
    • ▼  agosto 2024 ( 1 )
      • Iago Fandiño - Chascarraschás
    • ►  julio 2024 ( 1 )
    • ►  marzo 2024 ( 7 )
    • ►  enero 2024 ( 6 )
  • ►  2023 ( 68 )
    • ►  noviembre 2023 ( 2 )
    • ►  octubre 2023 ( 5 )
    • ►  septiembre 2023 ( 2 )
    • ►  agosto 2023 ( 20 )
    • ►  julio 2023 ( 17 )
    • ►  junio 2023 ( 16 )
    • ►  mayo 2023 ( 5 )
    • ►  enero 2023 ( 1 )
  • ►  2022 ( 53 )
    • ►  diciembre 2022 ( 19 )
    • ►  noviembre 2022 ( 4 )
    • ►  octubre 2022 ( 4 )
    • ►  septiembre 2022 ( 5 )
    • ►  agosto 2022 ( 2 )
    • ►  junio 2022 ( 3 )
    • ►  abril 2022 ( 15 )
    • ►  febrero 2022 ( 1 )
  • ►  2021 ( 31 )
    • ►  septiembre 2021 ( 2 )
    • ►  agosto 2021 ( 2 )
    • ►  junio 2021 ( 2 )
    • ►  abril 2021 ( 3 )
    • ►  marzo 2021 ( 5 )
    • ►  febrero 2021 ( 7 )
    • ►  enero 2021 ( 10 )
  • ►  2020 ( 16 )
    • ►  diciembre 2020 ( 7 )
    • ►  noviembre 2020 ( 2 )
    • ►  septiembre 2020 ( 2 )
    • ►  agosto 2020 ( 1 )
    • ►  abril 2020 ( 1 )
    • ►  febrero 2020 ( 1 )
    • ►  enero 2020 ( 2 )
  • ►  2019 ( 20 )
    • ►  diciembre 2019 ( 2 )
    • ►  julio 2019 ( 3 )
    • ►  junio 2019 ( 4 )
    • ►  mayo 2019 ( 3 )
    • ►  abril 2019 ( 3 )
    • ►  marzo 2019 ( 3 )
    • ►  febrero 2019 ( 2 )
Copyright © 2015 Rubén Pedreira | Autor de Zona de habitabilidad

Created By ThemeXpose | Distributed By Gooyaabi Templates