Hai uns días vin o documental 'Os días 
afogados' (de Cesar Souto e Luis Avilés), sobre o asolagamento das aldeas ourensanas de Aceredo e 
Buscalque para a creación do embalse de Lindoso.
Ollar esas 
imaxes dos últimos días da vida e dos costumes duns pobos antes de ser 
borrados para sempre xera certa impresión. Penso que algo hai no impulso
 creativo en Galicia que nos leva á busca do que xa non está ou que xa 
non é o mesmo. Un instinto de voltar a unha natureza que se nos foi 
arrebatando co paso dos tempos e coa chegada doutros estilos de vida 
máis globales, non sei se peores ou mellores pero sen dúbida menos 
nosos. 
 

_at_Verul.png) 
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario