“O tranquilizador 
dalgúns libros é que sabes que ó final van gañar os bos. Polo menos, 
sabes que van acabar devolvendo un pouco de orde o caos”
Non 
adoito ler novela policial pero cando saíu a terceira parte da serie de 
Leo Caldas anoteina para que caera máis cedo ou máis tarde, porque as 
dúas anteriores conseguiron o mais complicado que pode conseguir un 
libro: Facer que penses en volver á casa a seguir coa historia cando 
estás por aí a outras cousas. O último barco non foi unha excepción.
Esta
 terceira entrega da triloxía é perigosa. Achégase a ti, levántate do 
chan agarrándote polas solapas e berra na túa orella: “Hoxe non fagas 
plans porque tes que seguir a ler”. E é así, o ritmo da narración, con 
capítulos curtos e intensos chama a seguir co seguinte en todo momento. 
Hai libros para ler con calma, outros que se rematan lendo mais por 
cumprir que por apetecer e uns poucos, coma este, que conseguen crear 
adicción durante uns días. Unha adicción complementada cun salientable 
labor de documentación para dar realismo ós contextos da investigación, 
conversas reconfortantes nos momentos necesarios e algún que outro 
chiste intencionalmente malo que aceptas co riso cómplice do que sabe 
que ben podería cadrar nalgunha publicación do seu Instagram.
Non
 é a novela deste tipo na que mais me custou predicir o culpable, nin a 
historia más redonda que coñezo nunha obra policial, pero si ten algo 
que polo xeral non está tan logrado na maioría de títulos da súa 
categoría, que é transmisión de sentires (polo menos os sentires que van
 mais alá da intriga e a incomprensión). Domingo Villar sabe introducir ó
 lector dende o primeiro momento nas rúas de Vigo e nos carreiros dos 
pobos dos arredores onde transcorre a acción, ademais de facelo sempre 
partícipe do estado de ánimo do protagonista e metelo na súa espiral de 
nostalxia.
Case 800 páxinas que se foron en pouco mais que catro 
tardes e deixaron esa sensación de feliz tristura tan propia das novelas
 protagonizadas por Leo Caldas. Tan propias, quizais, do propio carácter
 galego. 
 
%20%E2%80%A2%20Fotos%20y%20v%C3%ADdeos%20de%20Instagram.png)
_at_Verul.png) 
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario