Entroido
comeza cun capítulo no que o impecable inspector Xallas axexa o
misterioso asasino do martelo para atrapalo e acabar a súa xeira de
asasinatos que perturba a sempre tranquila cidade da Coruña. Non
obstante, o que remata por caer nunha trampa é o policía, que se
converte na última vítima do criminal, pois este deixa de matar despois
de acabar con Xallas e nunca mais se escoita falar del.
Uns vinte anos despois, a inspectora Lola Xallas é requirida dende Barcelona para participar na investigación do asasinato dun executivo do mundo do espectáculo. Lola, como deixa deducir timidamente o seu apelido, é a filla dese inspector Xallas ó que pegaron un martelazo a traizón na noite coruñesa. Lola non dubida, xa que quen lle pide o favor é o antigo xefe do seu pai, co que garda moi boa relación, e aparece en Barcelona para ver se atrapa o asasino dese executivo ó que en realidade ninguén botará a faltar. O tal Tony Torres movía tódolos fíos no mundo do espectáculo catalán, pero non había quen o aturara.
Nesta novela, dinamicamente escrita con capítulos moi curtos que chaman a ler o seguinte despois de rematar cada un, os sucesos vanse cruzando tanto en tempo coma en espazo, e ademais da historia de Lola coñecemos tamén a de Olvido, unha periodista catalana que traballa en Coruña e que foi parella de Tony Torres meses antes do suceso. A periodista recibe un paquete anónimo cun vídeo subido de ton do executivo cunha famosa actriz e acode de inmediato a Barcelona para ver a Tony e avisalo de que alguén podería querer extorsionalo. A actriz que aparece no vídeo, Soledad, é outra das protagonistas cuxa historia se vai desenvolvendo ó longo da novela, deixándonos ver unha artista de éxito pero moi solitaria, que namora de casualidade cun aburrido funcionario un día que tropezan nunha libraría. As dúas serán sospeitosas principais da morte violenta.
A complexidade da investigación leva á policía a cambiar de sospeitoso coma de calcetíns, pero non é algo que sorprenda a Lola Xallas porque todo protagonista de thriller sabe que iso é o normal. O que a sorprende é atopar no medio de todo unha misteriosa referencia ós tempos nos que investigaba sen éxito ó asasino do pai

No hay comentarios:
Publicar un comentario